CHEVERE.EUROZOONE

CONCURSO.2012

Cliente: PRIVADO. COMPAÑÍA CHEVERE TEATRO.
Tipo: CONCURSO.
Localización: VARIAS.
  Encadeados amosase como unha arquitectura fermosa, brillante e grandilocuente deixase querer polos nosos ollos. Mostrase como unha arquitectura que quere explicar a realidade, que quere ofrecernos novas experiencias, novas sensacións, novas formas de habitar o mundo. Pero a experiencia vai trocando a medida que habitamos en Encadeados, a escala é incorrecta e abrumadora xa que tan só importou ser grande. O brillante troca en ferruxe co paso do tempo ou coa incidencia da luz. A experiencia de habitala é esgotadora xa que por repetición, Encadeados non deixa lugar para a vida. O grandilocuente troca en arrepiante. Pero hai algo de verdade no que busca. Conta a nosa realidade. Conta como construímos un mundo á medida dos nosos egos, sen relación de continuidade entre un feito construído e o seguinte. Conta como non sentimos  os espazos que habitamos senón que estamos neles percorrendos só coa vista esquecendo ata a necesidade de sentilos e desfrutalos. Conta a nosa realidade. Está construído con cadeas. Unha superficie dun grosor tan mínimo que nos leva a supor que entendemos o noso mundo pero que en realidade é suficiente para ver tan só o que nos queren mostrar. Unha superficie que deixa pasar a luz pero que   tan só  deixa ver sombras.

proyectos relacionos

close

Start typing and press Enter to search