DISEÑO DE STANDS
O BARCO.2012

Cliente: AYUNTAMIENTO DE O BARCO. OURENSE
Localización: O BARCO DE VALDEORRAS. OURENSE.
Estado: CONSTRUIDO.
A pregunta clave da proposta é, como resolver 30 stands cun presuposto reducido, cos que se poidan quedar en propiedade, que teñan a posibilidade de modificarse en próximos eventos, que poidan ser reutilizables e que , por suposto, doten dunha imaxe cualificada e diferenciada ó evento?
Por outra banda a proposta situase no actual Paseo do Malecón, recuperando un espazo tradicional de feiras. Aprovéitase a sombra dos plátanos plantados para situar os stands e configurar a paisaxe construída.
Arquitectura sinxela que busca unha imaxe rotunda e contemporánea, arquitectura reutilizable ó servizo do produto que se expón onde esta non busca ser protagonista senón un marco de actividade.
O espazo do Malecón colonízase cos 30 stands distribuídos baixo as árbores entre os troncos e a sombra.
Cada stand está constituído por unha estrutura de aceiro galvanizado formando cilindros que se cobren con redes de cores branca e verde. Un círculo de moqueta de cores marca o espazo do mostrador. Empréganse caixas de madeira de chopo amoreadas en conxuntos de 95x50x100cm para configurar os mostradores e mesa auxiliar. Pechadas cara o publico, abertas cara o interior a modo de caixóns. Os letreiros dos establecementos cólganse da rede.
A propia proposta busca ser un marco de excelencia para os produtos. Onde as árbores, a sombra, o río, o chan de pedra e estas burbullas de rede se poñen ao servizo dos usuarios.
proyectos relacionos
CASA EN OLEIROS. A CORUÑA.
EN CONSTRUCCION 2023.
r. EDIFICIO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
PLAZA DO TOURAL. EN DESARROLLO 2023.