R. MONTE DO GOZO. JOAO NUNES, CRISTINA GARCIA Y OLAestudio.
SANTIAGO. CONSTRUIDO. 2016.

Cliente: AXENCIA TURISMO DE GALICIA. XUNTA DE GALICIA.
Tipo: PAISAJISMO.
Localización: SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Estado: CONSTRUIDO.
Asociados os paisaxistas Joao Nunes (PROAP) e Cristina GArcía Fontán estamos a executar a remodelación do Monte Do Gozo, Santiago de Compostela. Remodelar este espacio, abrilo a cidade e ser a nova imaxe para quen nos visita. O Monte do Gozo e a antesala a cidade. Un mirador e un lugar previo de descanso para o peregrino. Pensanse coma un xardin formado por tres grandes orlas verdes. Os vacios verdes centrais rodeados polas novas árbores. Todo un conxunto de muros de pedra como bancos e socalcos acompaña os camiños. As vistas lonxanas da cidade e a catedral despexanse de eucaliptos e arbores de porte.
Este novo espacio verde buscar abrirse os veciños de Santiago, un novo espacio de referencia e lecer.
O proxecto debe dar resposta a construción dunha piscina exterior para uso publico na lagoa do Monte do Gozo. A súa vez proxectaranse os espazos perimetrais para construir a praia fluvial de uso público. Esta praia empregará todo o conxunto de servizos da piscina para o funcionamento conxunto de toda a instalación.
Programa proposto:
Piscina adultos: 249m2
Piscina nenos: 122m2
Pediluvio: 21m2
Acesos e espazos de descanso.
Cuartos de instalacións.
Vestiarios, aseos e en xeral todo o conxunto de necesidades que a normativa, tanto estatal coma autonómica, defina.
Areas de descanso e espazos o aire libre.
Construir unha piscina nunha lagoa, no interior dunha lagoa. Construir unha nova praia fluvial para a cidade de Santiago e os nosos visitantes. Aproveitar a magnifica instalación do graderío e instalacións do auditorio, aproveitar os edificios e sacar a luz un espazo escondido para os veciños.
Estas son as preguntas e estas son as respostas.
1. Todo o conxunto de vestiarios actuais próximos o albergue acondiciónanse para o uso de praia fluvial.
2. O aceso prodúcese polas taquillas actuais.
3. O bar actual pasa a formar parte da instalación.
4. A praia fluvial esténdese por todo o espazo do graderío. O auditorio, con orientación sur, soleado todo o día, convertese en espazo de estancia, de xogos, de reunión. Todos os arredores convértense nos espazos para estar sobre o céspede. Esta instalación xa está pechada en equipada co que a intervención e mínima.
De súpeto, este espazo pechado e agochado, pasa a ser a nova praia fluvial de Santiago.
5. As piscinas están dentro da auga. Bañarse dentro da lagoa. Sobre as augas unhas plataformas de formigón e pedra constrúen os espazos de estar e pasar. De sentar e tomar o sol. De bañarse.
A piscina tamén se converten en ponte. Os hexágonos que constrúen o conxunto conectan unha beira ca outra. Deste xeito acótase o espazo de cativos no espazo máis facilmente controlable.
6. As piscinas non funcionan todo o ano, pero este novo parque si debe ser disfrutado todo o ano. As piscinas ponte permiten ter aberto o graderío durante o inverno para todo tipo de actividades e deportes. A forma e material das piscinas ten que resistir o paso do tempo e a súa falta de uso en inverno. O formigón e a pedra dan resposta a esta pregunta.
7. Arquitectura pregnante, exposta e tendida. Arquitectura para estar e pasear. Arquitectura para descansar sobre as augas dunha lagoa.
proyectos relacionos
r. VIVIENDAS EN RIBADAVIA. ASOCIADOS A MURADO&ELVIRA.
IGVS. EN DESARROLLO. 2023.
r. VIVIENDAS EN TUI.
IGVS. EN DESARROLLO. 2023.